Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 250/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,585 km con orixe no apoio número 34 da L.M.T. ó C.T. Vilouriz (expediente 26600) e final no centro de transformación proxectado Goiás. Centro de transformación Goiás, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación

15.000/380-220 V, tipo intemperie. Liña de baixa tensión aérea de 0,055 km de lonxitude, con orixe

no C.T. proxectado, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 250/98).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica dos usuarios da zona de Goiás (termo municipal de Toques).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 250/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. GoiásTermo municipal: Toques.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5/1Prado do PateloPradoJosé Penas LópezCasa Camiño (S. Felix de Merián), 27200 PalasLAT10

15Leira do PalleiPradoJosé Penas LópezCasa Camiño (S. Felix de Merián), 27200 Palasœ4128280

24M.A. prado NovoMonte altoJosé Penas LópezCasa Camiño (S. Felix de Merián), 27200 Palas30480

33Labradío de Esc.LabradíoJosé Manuel Cardeiro Prieto

María Jesús Cardeiro Prieto

Goiás (Santiago de Vilouriz), 15700 Toquesœ9120200

7613