Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/118-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Parque Eólico de Coucepenido, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1-1º Esq. A, 15000 A Coruña.

Denominación: liña 20 kV enlace Subest. parque Coucepenido.

Situación: municipios de Ortigueira-Cedeira.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, en parque eólico de Coucepenido, das seguintes características: tramo subterráneo, baixo tubo, en dobre circuíto, con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x400) mm Al, de 38 m de lonxitude, con orixe en módulo 20 kV en subestación de parque eólico e entroncando 1º apoio de liña. Tramo aéreo, sobre apoios metálicos (14), en dobre circuíto, en conductor LA-180, de 2.127 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 e final en apoio nº 14. Tramo aéreo, en simple circuíto, sobre apoios metálicos (12) e conductor LA-180, de 1.470,5 m de lonxitude, con simple circuíto, sobre apoios metálicos (4), con orixe no apoio nº 14 o que seguen 4 apoios máis, con conductor LA-180, de 542 m de lonxitude, dous tramos subterráneos baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x400) mm Al, de 40 m de lonxitude cada un, enlazando cada centro de transformación cos tramos aéreos anteriores.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV dos

decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7513