Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 249/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,22 km con orixe na L.M.T.

a C.T. Codesoso (expediente 50972) e final no centro de transformación proxectado San Cibrao.

Centro de transformación San Cibrao, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación 15.000/380-220 V, tipo intemperie.

Liña de baixa tensión aérea de 0,415 km de lonxitude, con orixe en el C.T. proxectado, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 249/98).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica dos usuarios da zona de San Cibrao (termo municipal de Curtis).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación,

e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 249/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. San Cibrao.Termo municipal: Curtis.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AreosaMonte baixoHrdos. José Santamarina Seoane

María Peteiro Fidalgo

r/ Torre Cubela 66-9ºI, 15009 A Coruña12751208

2O CruceiroPradoLino Vázquez VázquezCodesoso s/n, 15816 Grixela, Curtis2253769

3Pena XesteiraMonteJosé Rodríguez RodríguezPaseo de Husares 30-1ºD, 28024 MadridLAT190

4O MarcoMonteFlora Rodríguez Pardo

Emilio Martínez Rodríguez

r/ Monasterio de Caaveiro 48-1ºB, 15010 A CoruñaC.T.654679

7428