Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 247/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,371 km con orixe na L.M.T.A. actual San Caetano (expediente 27520) e final no centro de transformación proxectado Peteiro Norte. Centro de transformación Peteiro Norte, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación

20.000/380-220 V, tipo intemperie. Liña de baixa tensión aérea de 0,13 km de lonxitude, con orixe no C.T. proxectado, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 247/1998).

Finalidade: mellora da seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica dos usuarios da zona de Peteiro Norte (termo municipal de Oroso).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así

mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resul

taren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 247/1998Provincia: A Coruña

L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T.A. Peteiro Norte-ORTermo municipal: Oroso

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A BrañaMonte altoJesús Juncal FigueiraCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Oroso566

2A BrañaMonte altoJesús Leovalde CouseloCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Oroso1227458

3O CanoPradoJesús Leovalde CouseloCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Orosoœ 211822.852

4O CanoMonte altoJesús Leovalde CouseloCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Orosoœ 21151

5O CanoPradoJosé Casas IglesiasCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Oroso32891.123

6O CanoPradoFrancisco Pena GrelaCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Orosoœ 4,

œ C.T.

498787

7O CanoPradoFrancisco Casas IglesiasCosta, s/n, 15688 Trasmonte-Orosoœ 4,

œ C.T.

459474

7427