Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por decreto do vintecinco do mes que corre o alcalde resolveu,

1º Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da parcela correspondente ó estudio de detalle do predio Gulpilleira (r/ Antonio Palacios) redactado polo arquitecto José Míguez León coas modificacións que resultan dos posteriores documentos achegados, a requirimento do enxeñeiro técnico de O.P. municipal, segundo xa quedou reflectido.

Deberá presentar, antes da aprobación definitiva, a seguinte documentación:

a) O aval bancario para garanti-lo exacto cumprimento das obras de urbanización, por un importe de 4.402.400 ptas., tal como indica o referido enxeñeiro municipal no seu informe de 19-5-1998.

b) Escritura de cesión do terreo ó que se refire o plano do folio 29 e o anexo á memoria (todos do estudio de detalle), que consta no folio 27 daquel expediente.

2º Somete-lo referido proxecto de urbanización, co seu expediente, á información pública durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Por todo o exposto, o referido proxecto co seu expediente queda exposto ó público na secretaría do concello tódolos días hábiles en horario de oficinas, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 29 de xullo de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

7968