Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) en Piñeiro.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 30 de xaneiro de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial do solo urbanizable non programado número 27 (SUNP-27) en Piñeiro, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definiti

vamente aprobado no BOP número 174 do 31 de xullo de 1998.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde a súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7607