Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

CONCURSO para contrata-la xestión dos servicios de recolla de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.

O Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, en sesión ordinaria celebrada o 27 de xullo de 1998, aprobou o prego de condicións técnicas e económico-administrativas para a contratación, mediante concurso, da xestión dos servicios de recolla de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, o cal se expón ó público durante o período de oito días, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio

no BOP da Coruña para que, se é o caso, poidan presentarse reclamacións.

Asemade, e conforme autoriza o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril (polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local), anúnciase concurso público para a contratación, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de formularen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto da licitación: a contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto da prestación dos servicios de limpeza pública en xeral, baldeos e regas, e recolla de residuos sólidos urbanos e o seu transporte ós vertedoiros ou plantas de transferencia determinados ou que se determinen, no termo municipal de Ribeira.

Os servicios que se realizarán, o seu ámbito de prestación e a forma, frecuencia e horario, así como o material e persoal que se vai utilizar establécense de xeito detallado nas condicións 1ª, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª e 6ª do prego de condicións rector deste concurso.

Duración do contrato: a adxudicación realizarase por un período de quince anos, que poderá prorrogarse por trienios. En todo caso, a duración total do contrato, incluídas as súas prórrogas, non poderá exceder de vinte catro anos.

Tipo de licitación: con carácter meramente indicativo, fíxase como prezo anual do contrato a cantidade de 100.000.000 de ptas. (IVE incluído), e déixaselles libre facultade ós oferentes para estableceren o dito prezo en contía inferior, igual ou superior, ó non ser esta circunstancia decisoria do concurso.

Pagamentos: realizaranse por doceavas partes e mensualidades vencidas.

Garantías: a provisional será de 2.000.000 de pesetas. A definitiva será o 4% da cantidade en que resulte adxudicado o servicio.

Proposicións: admitiranse un máximo de tres variantes por cada licitador, en función do persoal e medios materiais adscritos para a prestación dos servicios. As ofertas presentaranse en tres sobres pechados, nos que constará a lenda: «Contrato mediante concurso dos servicios de recolla de residuos sólidos urbanos e de limpeza viaria do Concello de Ribeira».

O sobre nº 1, de documentación administrativa, conterá a documentación que se establece na condición 14ª do prego rector do concurso.

O sobre nº 2, de referencias, conterá a documentación que se indica na condición 14ª do prego rector do concurso.

O sobre nº 3, de proposición económica, conterá a documentación que se establece na condición 14ª do prego.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante os vinteseis días naturais inmediatos seguintes ó da publicación deste anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado.

Tamén poderán presentarse proposicións por correo, e neste caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos, e anunciarlle o mesmo día ó concello, por fax 981 87 16 10 ou telegrama, a remisión da proposición. Sen tales requisitos non será admitida a proposición no caso de que se recibise fóra do prazo fixado neste anuncio de licitación.

En todo caso, transcorridos 10 días desde o remate do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello, ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este día cadrase en sábado, quedará posposto para o seguinte día hábil.

Adxudicación do concurso: efectuaraa o Pleno da Corporación Municipal, que resolverá segundo os criterios previstos na condición 17ª do prego rector deste concurso.

Exposición e exame do expediente: na oficina de contratació ndo Concello de Ribeira, tódolos días laborais, de 8.30 a 14.30 horas, agás os sábados.

Ribeira, 17 de agosto de 1998.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

7961