Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

SEGUNDA relación de obras de plans provinciais e rede viaria local de 1998.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e

documentación presentaranse ata as 12 horas do 13 día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que se debe presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras: nº denominación/concello/prazo de execución/orzamento.

- 16/PB; saneamento e abastecemento en Tioira; Maceda; 4 meses; 13.500.000 ptas.

- 18/PB; rede de sumidoiros Piñeiro; Laiantes e San Fiz; Maside; 5 meses; 13.500.000 ptas.

- 21/PB; saneamento Coitelo, Os Peares e Pereira; N. de Ramuín; 5 meses; 12.700.000 ptas.

- 24/PB; abastecemento e saneamento Casmartiño; P. de Aguiar; 3 meses; 14.700.000 ptas.

- 39/PB; depuradora e saneamento en Viana do Bolo; V. do Bolo, 5 meses; 4.000.000 de ptas.

- 40/PB; sto. e depuración Pradocabalo e outros; V. do Bolo; 5 meses; 10.400.000 ptas.

- 46/PB (RVL); CP 1 Ponte Sevilla-Celanova; Ourense e San Cibrao das Viñas; 3 meses; clasificación A.2.d e G.4.d; 25.000.000 de ptas.

- 364/POL; Sto. e Abto. Trasmiras e Carracedo; Celanova; 5 meses; 16.000.000 de ptas.

- 366/POL; edificio multiusos en Coles; Coles; 4 meses; 13.000.000 de ptas.

- 367/POL; Cño. a Soutelo desde igrexa San Bieito; Cortegada; 5 meses; 11.500.000 ptas.

- 385/POL; rede de sumidoiros Corna, Asneiros e Devesa; Piñor, 5 meses; 11.700.000 ptas.

- 391/POL; saneamento en Castro e As Quintas; S. Amaro; 5 meses; 11.700.000 ptas.

- 408/POL; Absto. e Sto. Ganade, P. Ribeira e outros; Xinzo de Limia; 4 meses; 19.700.000 ptas.

- 26/CAEII; rede de sumidoiros en Coles zona 3; Coles; 4 meses; 15.213.600 ptas.

- 33/CAEII; saneamento en Xinzo; San Amaro; 5 meses; 9.529.200 ptas.

- 59/CAEII; depuradora auga en Freás; Piñor; 3 meses; 3.000.000 de ptas.

- 67/CAEII; rede sumidoiros Sta. Comba-Pazo e Poboanza; Maside; 5 meses; 16.732.800 ptas.

Ourense, 19 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado

7958