Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de productos de nutrición entérica para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 16/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36, fax: 981 54 01 49.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos para subministrar: subministración sucesiva de productos de nutrición entérica (7 lotes).

Importe: 65.212.000 ptas. (sesenta e cinco millóns, duascentas doce mil pesetas). IVE incluído.

Duración: un ano, desde o día 1 de outubro ou data da sinatura do contrato se é posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos que se establecen no apartado 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 18-9-1998.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 25-9-1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do día 6-10-1998.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento estimado.

Definitiva: 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico, segundo entregas realizadas.

10. Se for o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Prezo: ata un máximo de 5 puntos.

Calidade: ata un máximo de 3 puntos.

Servicio: ata un máximo de 2 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: si.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publi-

cación: 26 de xuño de 1998, data de envío do anuncio.

17. Data de envío do anuncio: 20-8-1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

María Codesido López

Xerente xeral en funcións do Complexo

Hospitalario de Santiago de Compostela

7758