Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a conversión e mellora do sistema de arbitraxe de consumo.

1. Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

2. Organismo: Instituto Galego de Consumo.

3. Obxecto do contrato: contratación de servicios consistente na conversión e mellora do sistema de arbitraxe de consumo.

4. Lugar de execución: Instituto Galego do Consumo.

5. Prazo de execución: o prazo de execución comprenderá desde a data da súa sinatura ata o cum

primento total das seguintes fases. En todo caso o dito prazo de execución non deberá exceder do 15 de decembro de 1998.

Fase A: desde a sinatura do contrato ata o 30 de outubro de 1998 consistirá na entrega da análise funcional da conversión da aplicación de sistema de arbitraxe de consumo.

Fase B: do 30 de outubro de 1998 ó 15 de decembro de 1998 consistirá na conversión propiamente dita dos programas que compoñen a aplicación do sistema de arbitraxe de consumo.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Orzamento base de licitación: oito millóns de pesetas (8.000.000 pesetas).

10. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (160.000 pesetas).

11. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa, 10-A, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 12.

e) Fax: 981 54 45 99.

12. Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

13. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

14. Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

15. Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Lugar de presentación:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

17. Admisión de variantes: non se admiten.

18. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

19. Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte. Se este día caera en sábado, pospoñerase ata o luns seguinte.

20. Hora: once horas.

21. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1998.

Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

7973