Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto mediante concurso, dun contrato consistente na prestación dos servicios necesarios para a celebración do XIII Congreso Galego de Consumo.

1. Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

2. Organismo: Instituto Galego de Consumo.

3. Obxecto do contrato: servicios para a celebración do XIII Congreso de Consumo os días 12 e 13 de novembro de 1998.

4. Lugar de execución: Pazo de Congresos (A Coruña).

5. Prazo de execución: o prazo de execución comprenderá desde a formalización do contrato ata a conclusión do XIII Congreso Galego de Consumo.

6. Tramitación: urxente.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Orzamento base de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas).

10. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (200.000 pesetas).

11. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa, 10-A, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 12.

e) Fax: 981 54 45 99.

12. Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

13. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

14. Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

15. Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Lugar de presentación:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

17. Admisión de variantes: non se admiten.

17. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

19. Data: oitavo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.

20. Hora: once horas.

21. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1998.

Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

7964