Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo

Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto nº 249/1997, (DOG nº 178, do 16-9-1997) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 1-10-1996, faise saber a tódolos afectados pola execución do proxecto que a seguir se indica: L.M.T. ó C.T. Marco (reelectrificación de Carral 1ª fase), concello de Begonte, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas,

S.A.que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 1-10-1996, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial.

Advírtese ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles día e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantalas, unicamente para os efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 27 de xullo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7963