Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. de Armariz, no concello de Nogueira de Ramuín. (Expediente IN407A 98/144-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Nogueira de Ramuín.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV, de 534 m de lonxitude en conductor LA-56 ata o apoio número 1 e PAS-50 desde o dito apoio ata o final, con orixe no apoio número 157 da L.M.T. Santa Següíña-Rubiacós e remate no C.T. aéreo proxectado en Armariz, con 100 kVA r/t 20.000/380-220 V; Redes de baixa tensión de 1.500 m e de 2.980, en conductor R.Z. e apoios H.V.

e) Orzamento: 22.206.344 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxuntae implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do

20 de outubro, polo que se paroba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 13 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/144-3-A.T. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. de Armariz.Termo municipal: Nogueira de Ramuín.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CarpazasMonte baixoAntonio Álvarez CortésSan Cristobo, Armariz 34, 32161 Nogueira de Ramuín1170350

5PenaescritaMonte baixoLuís Pombar MelónArmariz s/n, 32161 Nogueira de Ramuín25125

6PenaescritaMonte baixoAntonio Álvarez CortésSan Cristovo-Armariz 34, 32161 Nogueira de Ramuín32160

7PenaescritaPradoLuis Pombar MelónArmariz s/n, 32161 Nogueira de Ramuín3 e 43152760

8CostaMonte altoOrentino Junco Gonzálezr/ Ramón Cabanillas 23-2º, 32004 Ourense51112355

12S. RamónMonte altoSeverina Requejo GómezKarl-Flesh Strasse-Frankfurt, 60385 Alemaña6230150

7522