Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/56-2, 4938 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: modificación reelectrificación de parroquia de Orbazai.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 334 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e metálicos. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 6 de xullo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegada provincial de Lugo

7362