Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Pousa, Mixós, Estevesiños, no concello de Monterrei. (Expediente IN407A 98/132-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Monterrei.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV, de 308 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 21 da L.M.T. a Vences e final no C.T. aéreo proxectado en Estevesiños, de 1000 kVA e r/t 20.000/380 V; R.B.T. realizada en conductor R.Z., de 2.550 m de lonxitude.

e) Orzamento: 10.725.795 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se paroba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/132-3-A.T. Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Mixós-Estevesiños.Termo municipal: Monterrei.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2S.ViñaMonte baixoJosé López SabarioEstr. Braganza s/n, 32600 Verín36

3S.ViñaMonte baixoAlvino Pérez AlonsoEstevesiños s/n, 32624 Monterrei770

5S.ViñaMonte baixoGraciano Blanco BalboaEstevesiños s/n, 32624 Monterrei550

6S.ViñaMonte baixoAlvino Pérez AlonsoEstevesiños s/n, 32624 Monterrei550

8S.ViñaMonte baixoAlvino Pérez AlonsoEstevesiños s/n, 32624 Monterrei31310

12S.ViñaMonte baixoAlvino Pérez AlonsoEstevesiños s/n, 32624 Monterrei880

14S. ViñaMonte baixoAlvino Pérez AlonsoEstevesiños s/n, 32624 Monterrei36216

23CarreiriñaLabradíoModesto Rivero RodríguezEstevesiños s/n, 32624 Monterrei14140

24CarreiriñaViñaGraciano Blanco BalboaEstevesiños s/n, 32624 Monterrei220

7574