Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. O Vao-O Bolo, nos concellos do Bolo e Manzaneda. (Expediente IN407A 98/131-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos do Bolo e Manzaneda (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: o proxecto comprende as actuacións que se reflicten a continuación, en conductor aéreo nu LA-56 (agás excepcións que se citan), con tensión de 20 kV:

1ª L.M.T. O Vao-O Bolo, de 10.418 m, con conductor LA-110 entre a orixe e o apoio número 34, con orixe no centro de reparto do Vao e final en apoio derivación da L.M.T. existente a Fornelos. 2ª L.M.T. derivación a Manzaneda, de 120 m, con orixe no apoio número 1 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final no número 3 da L.M.T. a Manzaneda. 3ª L.M.T. a C.T. O Vao -de 128 m, con orixe no apoio número 2 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final no C.T. existente, en caseta, de O Vao. 4ª L.M.T. derivación a Celeiros e Covelo -de 47 m, con orixe no apoio número 22 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final en apoio derivación de L.M.T. existente a C.T. de Celeiros. 5ª L.M.T. derivación a C.T. de Cambela, de 44 m, con orixe no apoio número 29 da L.M.T. O Vao-O Bolo e remate en poste derivación, existente, a C.T. Chao de Castro. 6ª L.M.T. derivación a Balbuxán, de 56 m, con orixe no apoio número 46 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final en apoio derivación, a substituír, de L.M.T. a Balbuxán. 7ª L.M.T. a C.T. das Ermidas, de 173 m,

orixe apoio número 50 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final en apoio derivación, existente, a C.T. As Ermidas. 8ª L.M.T. derivación a C.T. O Bolo, de 328 m, en conductor subterráneo R.H.V.-12/20 kV 3x95 Al, a partir do apoio número 3, con orixe no apoio número 60 da L.M.T. O Vao-O Bolo e final no C.T. proxectado, pé de poste, de 250 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV; R.B.T. de 100 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 41.180.513 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxuntae implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se paroba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amistoso coa entidade solicitante, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/131-3-A.T. Provincia: Ourense.

L.M.T. O Vao-O Bolo.Termo municipal: O Bolo-Manzaneda.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

41CuartasMonte baixoPura Rivera RiveraChao de Castro s/n, 32374 O Bolo19179

42CuartasMonte baixoPura Rivera RiveraChao de Castro s/n, 32374 O Bolo11110

157CanizoMonte baixoVictoriano Salgado Prieto

Alfonso Gallego (TUTOR)

Avda. San J. de Dios s/n, 28350 Ciempozuelos30265650

178O CampoPradoVictoriano Salgado Prieto

Alfonso Gallego (TUTOR)

Avda. San J. de Dios s/n, 28350 Ciempozuelos23230

205A RasaMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán 6, 32373 O Bolo402309480

207A RasaMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán 6, 32373 O Bolo4121782848

210A RasaPradoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán s/n, 32370 O Bolo60600

228Os CalvosMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán s/n, 32370 O Bolo821312

236F. SalgueiroMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán s/n, 32370 O Bolo50214216

238F. SalgueiroMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán s/n, 32370 O Bolo12156

253O MaioLabradíoSilveiro Fernández FernándezEstr. Balbuxán 63, 32373 O Bolo79790

259O SerroMonte baixoSilvino Enríquez VegaRúa dos Chaos 20, 32001 Ourense57124240

260O SerroMonte baixoJulia Enríquez PérezRúa dos Chaos s/n 32370 O Bolo57119190

261O SerroMonte baixoHros. Bautista Carracedo Beneit

Rosalía Diéguez Pérez

r/ Colimbia 2-4ºC, 32350 A Rúa58164320

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

262O SerroMonte baixoCarmen Arias VáquezCésar Conde 5, 32370 O Bolo58164320

263O SerroMonte altoMilagros Coba FernándezCentro 6, 3233 O Bolo721152

265CarrúaPradoFélix Enríquez VegaCéar Conti 27-1º, 32373 O Bolo72714

266CarrúaLabradíoCarmen Arias VázquezCésar Conde 5, 32370 O Bolo660

267CarrúaPradoFélix Enríquez VegaCéar Conti 27-1º, 32373 O Bolo59235175

276Aira VeigaMonte baixoManuel Rodríguez CamposRúa da Pomba 8, 36162 Mourente62238380

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/131-3-A.T.. Provincia: Ourense.

L.M.T. derivación As Ermidas.Termo municipal: O Bolo-Manzaneda.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1F. SalgueiroMonte altoAlfonso Prada ÁlvarezBalbuxán 6, 32373 O Bolo1, 2460828

7365