Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 63/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante.

2. Orzamento estimado: 33.000.000 de pesetas (trinta e tres millóns de pesetas) IVE incluído.

3. Fianzas:

a) Provisional: 2 % do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4 % do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de outubro de 1998 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que recolle o artigo 199 da Lei 13/1998, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

9. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 5 puntos.

Capacidade técnica da empresa: ata 4 puntos.

Valorarase entre outros:

-Tempo de resposta.

-Velocidade do voo do aparello/s.

-Dispoñibilidade do aparello/s.

Melloras adicionais: ata 1 punto.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1998.

María Codesido López

Xerente xeral en funcións

7759