Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T., Cima e Soutelo de Ribeira, nos concellos de Xinzo de Limia e Porqueira.(Expediente IN407A 98/145-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos de Xinzo de Limia e Porqueira.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. áerea a 20 kV, de 271 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 11 da L.M.T. proxectada Soutelo-Nocelo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Cima de Ribeira; R.B.T. aérea do C.T. de Cima de Ribeira de 925 metros en R.Z.

L.M.T. aérea a 20 kV de 633 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio número 2 da L.M.T. proxectado Soutelo-Nocelo e remate no C.T. aéreo

proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Soutelo de Ribeira; R.B.T. aérea do C.T. de Soutelo de Ribeira de 460 metros en conductor R.Z.

C.T. proxectado tipo intemperie, de Nocelo con 50 KVA e r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. aérea do C.T. de Nocelo de 1.025 metros en conductor R.Z.

e) Orzamento: 14.509.211 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación adxunta, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das personas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidas, para que podan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez número 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso,

as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, cando os

titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 10 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/145-3-A.T.Provincia: Ourense

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cima e Soutelo de RibeiraTermo municipal: Xinzo de Limia

e Porqueira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3A SearaLabradíoManuel Andrade RodríguezSan Pablo, 94 ático, Caldes Montbui, 08140 Barcelona32512

4A SearaLabradíoEmilio Andrade RodríguezAvda. Gaudí, 2-6º, Mollet del Valles, 08100 Barcelona660

5A SearaLabradíoJosé Barrio AlonsoCima de Ribeira 18, 32635 Ourense440

11A SearaLabradíoElisa González Feijoor/ Miguel Hernández, 6, 14, 2º A, 08042 Barcelona10304

13A SearaLabradíoFrancisca López LamaRampa de Sas, 1-5º A,

32002 Ourense

3124384

7241