Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T., Albín-Souto, no concello de Castelo de Miño. (Expediente IN407A 98/147-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Castrelo de Miño.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. áerea a 20 kV, de 627 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Castrelo-Rairo e remate no C.T. aéreo proxectado de Souto, tipo intemperie, de 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. aérea, de 1.150 m de lonxitude, sobre apoios de formigón, en conductores R.Z.

e) Orzamento: 8.644.814 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación adxunta, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das personas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidas, para que podan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez número 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 9 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/147-3 A.T. Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Albín-Souto.Termo municipal: Castrelo de Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

16CostaMonte baixoCarmen Otero Villarr/ San Jurjo Badía 234-2ºD, 36207 Teis, Vigo3140640

21RegueiriñoMonte altoCarmen Otero Villarr/ San Jurjo Badía 234-2ºD, 36207 Teis, Vigo4116256

31RegueiriñoViñaAntonio Domínguez AlberteSouto-Macendo s/n, 32231 Castrelo de Miño14150

33RegueiriñoViñaAntonio Domínguez AlberteSouto-Macendo s/n, 32231 Castrelo de Miño1050

39CostaPradoAntonio Domínguez AlberteSouto-Macendo s/n, 32231 Castrelo de Miño5143430

41CostaMonte baixoAntonio Domínguez AlberteSouto-Macendo s/n 32231 Castrelo de Miño34340

7361