Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T., Fechos, Soutomancos, no concello de Amoeiro. (Expediente IN407A 98/146-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado a liña eléctrica de referencia que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Amoeiro (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. áerea a 20 kV, de 302 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 25 da L.M.T. existente O Carballiño-Sta. Cruz de Arrabaldo e remate no C.T. aéreo proxectado tipo intemperie, de 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V de Fechos; R.B.T. aérea do C.T. de Fechos con 895 m e R.B.T.

de Soutomanco e Ramal de 1.025 m de lonxitude, sobre apoios de formigón, en conductores R.Z.

e) Orzamento: 9.645.734 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación adxunta, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das personas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidas, para que podan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez número 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 9 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/146-3-A.T.Provincia: Ourense

L.M.T-C.T.-R.B.T. Fechos, SoutomancosTermo municipal: Amoeiro.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1DevesaMonte altoEugenio Fernández

Rodríguez

Rúa Júpiter, 6, baixo, 32001 Ourense14125

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10DevesaPradoIsidro Ruíz NovoaR/ Alfonso Rodríguez Castelao, 7-1º D, 32004 Ourense2125250

13TufosViñaInocencio Morenza

Morenza Ruíz

Oureiro-Trasalba, s/n, 32172, Amoreiro-Ourense12120

14TufosMonte AltoIsaura Pereira CabanelasOuteiro, Trasalba, s/n, 32172, Amoeiro-Ourense20320

7359