Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/143-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Penalonga-Vilamaior da Boullosa.

Situación: Os Blancos e Baltar.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª).-de 10 m, con orixe no apoio número 4 da L.M.T. proxectada ó C.T. Covas e remate no apoio número 2 da L.M.T. Penalonga-Vilamaior da Boullosa. (2ª).-De 4.367 m, con orixe no apoio número 2 da L.M.T. Penalogan-Vilamaior da Boullosa e remate no apoio número 1 da L.M.T. proxectada ó C.T. pé de poste de Vilamior da Boullosa. (3ª).- de 10 m, con orixe no apoio núme

ro 14 da L.M.T. proxectada Penalonga-Vilamaior da Boullosa e remate no apoio número 1 da L.M.L. existente ó C.T. centro de saúde de Baltar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7360