Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/142-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilamaior da Boullosa, S. Antonio.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª).-De 606 m, con orixe no apoio número 36 da L.M.T. proxectada Penalonga-Vilamaior da Boullosa e remate no C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa. (2ª).-De 32 m, con orixe no apoio número 2 da L.M.T. proxectada a C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa 1 e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R.T. 20.000/380-220 V de Boullosa 1. L.M.T. subterránea a 20 kV de 55 m en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no apoio número 6 da L.M.T. aérea proxectada a C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa e remate no C.T. pé de poste de Vilamaior da Boullosa. C.T. prefabricado de Vilamaior da Boullosa con 250 kVA, R.T. 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. aéreas e unha R.B.T. subterránea no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7203