Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/141-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Miguel, Agrelo.

Situación: Muíños.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª).-De 64 m, con orixe no apoio número 12 da L.M.T. existente a Porqueiros e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R.T. 20.000/380-220 V de Agrelo (Mugueimes). R.B.T. aérea do C.T. de Agrelo con 2.050 m en conductor R.Z. (2ª)-De 86 m, con orixe no apoio número 34 da L.M.T. existente Conchas-Xinzo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, RT 20.000/380-220 V de San Miguel. R.B.T. aéreo do C.T. de San Miguel de 130 m, en conductor R.Z. C.T. en caseta de Mugueimes con 160 kVA, R.T. 20.000/380-220 V e R.B.T. con orixe no devandito C.T. de 1.420 m, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7207