Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/262-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Campo da Feira-Colexio.

Situación: Carral.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 370 m de lonxitude, co orixe no C.T. Ameixeiras e remate en C.T. As Chás, a instalar de 620 m de lonxitude, con orixe no C.T. As Chás e remate no C.T. Campo da Feira, existente (expediente 181/94).

Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA nas Chás e tensións de 15/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 254 m de lonxitude. Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7358