Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/36-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Carracedo, Beacán.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56 derivadas: (1ª)-Desde apoio madeira a substituír da L.M.T. existente Celaguantes-Barra de Miño de 1.174 m de lonxitude e remate

en C.T. aéreo proxectado con 50 kV, 20.000/380-220 V en Outeiro de Carracedo. (2ª)-Desde apoio número 2 da L.M.T. a C.T. de Outeiro de Carracedo con 79 m de lonxitude e remate en C.T. existente na caseta de Carracedo. (3ª)-Desde apoio número 25 da L.M.T. Os Peares-Velle de 357 m de lonxitude a C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, 20.000/380-220 V de Outeiro de Beacán. Lineas de B.T. no sector.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novemro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7202