Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/254-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 220 kV entre subestación Sabón-Ferroatlántica.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 220 kV, sobre apoios metálicos de celosía tipo made e con conductor cóndor, de 455 mm aluminio aceiro, dun só circuíto, de 569 m de lonxitude, con orixe na subestación eléctrica de Sabón, de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e remate na subestación eléctrica de Ferroatlántica, en Sabón. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7194