Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Acivido, Quintas.
Situación: Baralla.
Características técnicas: liñas de M.T. a 20 kV de lonxitude total 230 m en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Dous C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Liñas de B.T. de 1,8 km de lonxitude total en conductor R.Z. 0,6/1 kV en Al.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 3 de xullo de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
7209