Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de colector xeral e depuración de residuais para Anaigo, A Lama, O Outeiro e Palmés.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tamita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1018.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do proxecto de colector xeral e depuración de residuais para Anaigo, A Lama, O Outeiro e Palmés.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 120 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 16.057.757 peseas, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 321.155 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 642.310 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica e financeira e técnica e non se atopen incursas en causa de prohibición ou incapacidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, nº 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: praza Maior, nº 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de xullo de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

7382