Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998 pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do nomeamento de funcionarios de carreira.

Fanse públicos os nomeamentos como funcionarias de carreira da escala da Administración especial, subescala técnica, clase superior do cadro de persoal deste concello, de:

-Carmen Mª Veira Baldomir, con DNI nº 32.758.469, como posto base A (pedagoga).

-Nieves García Vázquez, con DNI nº 32.436.078, como posto base A (psicóloga).

Os nomeamentos fixéronse por resolución desta Alcadía con data do 20 de xullo de 1998, unha vez rematado o proceso selectivo.

Para adquiri-la condición de funcionarias de carreira prestarán xuramento ou promesa, de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril e tomarán posesión do seu destino, no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 25.2º, do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 21 de xullo de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

7383