Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

CONVOCATORIA de concurso aberto, polo procedemento de urxencia, para a contratación de servicios para a gardería municipal de Burela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de servicios para a gardería municipal de Burela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: non se establece tipo máximo de licitación no presente concurso, polo que o prezo do contato pola realización da totalidade dos traballos obxecto de contratación estará determinado polo proposto polo licitador que resulte adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: 150.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Burela (secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán nº 6.

c) Localidade e código postal: 27880, Burela.

d) Teléfono: 982 58 60 00.

e) Telefax: 982 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior hábil o da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dezaseis (16) días naturais, a partir do seguinte ó último anuncio da publicación no DOG ou no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: Concello de Burela, rexistro xeral de 10 a 14 horas. Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xutifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando a este concello (mesa de contratación) a remisión da oferta, mediante fax ou telegrama no mesmo prazo. Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo efectua-la notificación anteriormente sinalada a este concello.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Burela.

b) Data: o terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado; en tal caso realizaríase a apertura o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: doce (12) horas.

10. Outras informacións.

Na Secretaría Xeral do Concello de Burela.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido a información pública o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación, por medio de anuncio que se publicará no BOP de Lugo, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra o devandito documento dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución.

Burela, 18 de agosto de 1998.

P.D.F.(Resolución Alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

7423