Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación da obra dos accesos de Castrelo a Sabarigo e desde O Río a Sanamedio.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 14 e agosto actual, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso para adxudicación das obras de accesos de Castrelo a Sabarigo e desde O Río a Sanamedio, expónse ó público polo prazo de catro días hábiles, a partir da inserción do presente anuncio no BOP ou DOG (último deles), para efectos de exame e posibles reclamacións.

De xeito simultáneo anúnciase concurso público polo procedemento aberto e tramitación urxente, se ben a licitación se aprazaría, en caso de ser necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Obxecto: accesos Castrelo a Sabarigo e do Río a Sanamedio.

2. Tipo de licitación: 11.735.223 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prazo de execución: 30 días.

5. Obtención de documentación: departamento de Secretaría do Concello de Bueu; teléfono 986 32 02 52; fax: 986 32 20 99.

6. Fianza definitiva: 4% do importe de licitación.

7. Requisitos do contatista: non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da casa do concello, en horario de 8 a 14.30 horas (sábados de 9.30 a 13 horas), durante os 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles).

Bueu, 14 de agosto de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

7893