1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tamita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.
1.3. Número de expediente: Ref. 1146.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do proxecto de acondicionamento do Campo de Santa Lucía do Viso, Cudeiro, Ourense.
2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 4 meses.
3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Trámite: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación.
4.1. Importe total: 15.223.589 pesetas, IVE incluído.
5. Fianzas.
5.1. Provisional: 304.472 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.
5.2. Definitiva: 608.944 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.
6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
6.4. Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos.
7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica e financeira e técnia e non se atopen incursas en causa de prohibición ou inconpatibilidade.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.
8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.
8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, nº 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados a partir da apertura de proposcións.
9. Apertura das ofertas.
9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.
9.2. Enderezo: praza Maior, nº 1.
9.3. Localidade: Ourense.
9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 9 de xullo de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde
7908