Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de incendios 089I/97 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 29 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 6 de agosto de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 089I/97.

Denunciado: Vila Sobral, Pablo.

DNI: 53.174.965

Último enderezo coñecido: Pintor Lugrí, 1, 3 A, Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: acampar dentro de zonas forestais prohibidas.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 136 H

Cualificación: leve.

Sanción: 5.000 ptas.

Expediente: 116I/97.

Denunciada: Remiseiro Rivas, Silvia.

DNI: 44.075.080.

Último enderezo coñecido: rúa das Fontiñas, 4 baixo, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: queimar sen autorización e acampar dentro de zonas forestais prohibidas.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137 B e 136 H

Cualificación: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 145I/97.

Denunciado: Gómez Vázquez, Luis.

DNI: 76.500.115.

Último enderezo coñecido: San Marcos, Santa Eulalia de Bando, Melide.

Feitos denunciados: queimar sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138 C

Cualificación: moi grave.

Sanción: 25.000 ptas.

Expediente: 224I/97.

Denunciado: Simo Rodríguez, Leandro.

DNI: 32.571.382

Último enderezo coñecido: Avda. Doctor Villanueva, 11, Pontedeume.

Feitos denunciados: queimar cando está prohibido.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138 A

Cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: 357I/97.

Denunciado: Castro Paredes, José M.

DNI: 33.237.454

Último enderezo coñecido: rúa Vintecinco de Outubro, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: queimar cando está prohibido.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138 A

Cualificación: moi grave.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: 001I/97.

Denunciado: Mera Hermida, Aurelio M.

DNI: 32.434.167

Último enderezo coñecido: Avda. J.L. Carranza, 2-5 baixo, Cádiz.

Feitos denunciados: acumular lixo en zonas forestais sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137 E

Cualificación: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

7877