Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de incendios 212I/97 e 327I/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais, (BOE nº 294, de 7 de decembro), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estimen

pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 6 de agosto de 1998.

P.A.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: 212I/97.

Denunciado: Vázquez Ferreiro, Eliseo.

Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, 232, 2C, A Coruña.

Feito denunciado: queimar ou acender lume cando está prohibido.

Tipificación Regulamento incendios:

Artigo: 138.A.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: 327I/97.

Denunciado: Blanco Blanco, Manuel.

Último enderezo coñecido: Vilar, Coucieiro, Val do Dubra.

Feito denunciado: queimar ou acender lume cando está prohibido.

Tipificación Regulamento incendios:

Artigo: 138 A.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

7875