Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0017 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5 de agosto) e mais do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 7 de agosto de 1998.

P.A.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: P-98/0017.

Denunciado: Juan Reboredo Barreiro.

DNI: 32.767.657.

Último enderezo coñecido: Meixigo, Cambre.

Feitos denunciados: cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación de ribeira.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.22º en concordancia co 91.21º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa; 35.706 Indem.; Inhab. 1 ano.

Expediente: P-98/0026.

Denunciado: Manuel Pazos Muíño.

DNI: 78.781.456.

Último enderezo coñecido: Randulfe, Santa Comba.

Feitos denunciados: pescar en época de veda e posuír 3 troitas de tamaño menor.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.8º-33.9º en concordancia cos 91.8º e 90.9º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 250.000 multa; 5.000 Imdem.; Ihab. 1 ano.

Expediente: P-98/0055.

Denunciado: Dionisio Sánchez Solon.

DNI: 6.527.874.

Último enderezo coñecido: Soutullo, Rus, Carballo.

Feitos denunciados: pescar en época de veda e con máis canas das permitidas.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.8º-33.4º en concordancia cos 91.8º e 90.4º

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 75.000 multa; Inhab. 1 ano.

Expediente: P-98/0107.

Denunciado: José E. Veiga Peón.

DNI: 46.914.613.

Último enderezo coñecido: Cantón Grande, 182, Melide.

Feitos denunciados: pescar con máis canas das permitidas.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 33.4º en concordancia co 90.4º

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 multa.

7902