Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira.

Vista a publicación do texto do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra, asinado unicamente en castelán, no DOG nº 130, do 8 de xullo, advertiuse un erro de transcrición, pois o artigo 19.4º mantén a mesma redacción que no convenio de 1997, que establece a paga en 24 días e non fai referencia ó devengo. Procede, pois, evectua-las seguintes correccións:

4º.-Onde dí: «vintecatro días» debe dicir: «vintecinco días (25)». Ademais hai que engadir no artigo

19.4º o seguinte: «O devengo da paga de marzo será do 1 de marzo ó 28 de febreiro».

A teor do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta delegación provincial da consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ACORDA:

Rectifica-lo erro material producido na publicación do devandito convenio colectivo, na forma explicitada, publicándose a presente resolución no DOG con comunicación ás partes.

Vigo, 4 de agosto de 1998.

Francisco Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

7822