Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998 pola que se convocan cinco cursos sobre arquivos administrativos na Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cinco cursos sobre arquivos administrativos na Administración local, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Estudio das técnicas arquivísticas aplicables ós arquivos administrativos e as relacións entre o arquivo central e os arquivos de xestión.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio das entidades locais, preferentemente C e D, que teñan ó seu cargo os arquivos municipais.

Terceira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalos no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes. Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicarálle-los criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no Rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

Sexta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servi

cios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen ningún curso de similares características ó convocado.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149 do 3-8-1994), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Sétima.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.

Oitava.-Desenvolvemento.

8.1. Duración: 15 horas.

8.2. Lugares: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

8.3. Datas: Pontevedra: 22, 23, 24, 28 e 29 de setembro.

Ourense: 21, 23, 24, 28 e 30 de setembro.

Santiago de Compostela: 28, 30 de setembro, 1, 5 e 7 de outubro.

Lugo: 5, 7, 8, 14 e 15 de outubro.

A Coruña: 19, 21, 22, 26 e 28 de outubro.

8.4. Horario: de 17 a 20 horas.

Novena.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Décima.-Contido.

Os arquivos municipais: evolución histórica. Os arquivos de xestión: organización, métodos de ordenación, etc. O arquivo central: consulta e préstamo. As novas tecnoloxías nos arquivos municipais.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

7617