Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia o concurso público 6/1998, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Hospital Comarcal Valdeorras.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso púlbico número 6/1998.

1. Dependencia que tramita o expediente: Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, O Barco de Valdeorras-Ourense, Tfno.: 988 33 90 05, fax 988 33 90 37.

2.a) Categoría do servicio: 14.

b) Descrición: contratación do servicio de limpeza e desinfección do Hospital Comarcal Valdeorras.

c) Número de referencia da CCP: 874.

3. Lugar de execución: edificio situado na rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras-Ourense.

4. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

5. Orzamento máximo de licitación: 64.000.000 de pesetas IVE incluído, en cómputo anual.

6. Prazo de execución: ano 1998. Desde a sinatura do contrato, unha vez resolta a presente licitación, ata 31-12-1998. Con posibilidade de prórrogas.

7. Variantes: non se admite a presentación de variantes.

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría C.

9. Garantías esixidas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

10. Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 50 puntos.

-Avaliación técnica (medios humanos e materiais): ata 30 puntos.

-Experiencia no sector: ata 20 puntos.

11. Obtención de documentación: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300), Tfno. 988 33 90 05, fax 988 33 90 38. Prazo para efectua-la dita solicitude: 24 de setembro de 1998.

12. Data límite de recepción de ofertas: antes das 14 horas do día 1 de outubro de 1998.

13. Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: Departamento de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense.

14. Apertura de ofertas: a apertura de ofertas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, ás 11 horas do día 13 de outubro de 1998.

15. Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias do contrato: unión temporal de empresas.

16. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

17. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

18. O licitador está obrigado a mante-la súa oferta durante corenta e cinco días naturais, contados a partir do día seguinte a aquel no que tivo lugar a apertura delas.

19. Linguas nas que deben redactarse as ofertas: castelán ou galego.

20. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

21. Forma de pagamento: mediante pagamentos periódicos mensuais, a mes vencido. Integramente en diñeiro.

22. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 10 de agosto de 1998.

23. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas.

O Barco de Valdeorras, 6 de xullo de 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

7704