De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva de varios contratos de consultoría e asistencia.
A) Contrato para o deseño dun modelo de estimación das variables macroeconómicas da construcción no marco da contabilidade rexional de Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.
c) Nº de expediente: 640.1/25.1.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: o deseño dun modelo para a estimación das principais variables macroeconómicas da actividade da construcción, así como as súas interrelacións coas ramas da actividade no marco das contas económicas de Galicia.
c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 102, do 29 de maio de 1998.
3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación: 6.850.000 pesetas.
5. Adxudicación.
a) Data: 29 de xuño de 1998.
b) Empresa adxudicataria: Eido Galicia, S.L.
c) Importe: 6.300.000 pesetas.
B) Contrato para a elaboración das contas económicas da enerxía.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.
c) Nº de expediente: 640.1/92.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: estimación das principais variables macroeconómicas do sector enerxético, a conformación da oferta e a demanda e a elaboración das contas de producción para a súa integración nos procesos de contabilidade rexional de Galicia.
c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 106, do 4 de xuño de 1998.
3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación: 10.050.000 pesetas.
5. Adxudicación.
a) Data: 3 de xullo de 1998.
b) Empresa adxudicataria: Dateco Consultores, S.L.
c) Importe: 9.425.000 pesetas.
C) Contrato para a elaboración das contas da industria agroalimentaria.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.
c) Nº de expediente: 640.1/22.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: elaboración das contas da industria agroalimentaria na Comunidade Autónoma de Galicia, procesos que comprende as seguintes operacións: a) Enquisa ás industrias e gravación dos cuestionarios, b) Obtención de cadros de elevación das variables macroeconómicas e c) Elaboración das contas da industria agroalimentaria.
c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 102, do 29 de maio de 1998.
3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación: 5.375.000 pesetas.
5. Adxudicación.
a) Data: 6 de agosto de 1998.
b) Empresa adxudicataria: Omega Consulting, S.L.
c) Importe: 3.930.000 pesetas.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1998.
J.A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística
7707