Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación de Muras I ata o apoio número 56 da L.A.T. Bustelo-Tesouro, nos termos municipais das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Muras (Lugo).

Vistos os escritos e a documentación presentados ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio pola empresa Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (en adiante Gamesa), con enderezo para efectos de notificacións en estrada Nac. A Coruña-Santiago de Compostela, km 58, Boisaca, 15890 Santiago de Compostela, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 30 de abril de 1997, a citada empresa solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación do parque eólico de Muras I, no municipio de Muras (Lugo) ata o apoio nº 56 da L.A.T. Bustelo-Tesouro, propiedade da empresa Made Energías Renovables, no municipio das Pontes de García Rodríguez

(A Coruña), discorrendo polos municipios das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Muras (Lugo); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido no apartado segundo da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de 132 kV, de 4.327 m de lonxitude, con conductores LA-180, sobre soportes metálicos de celosías e illadores de vidro temperado en cadea, que vai desde a subestación do P.E. de Muras I ata o apoio nº 56 da liña de alta tensión Bustelo-Tesouro para entrega-la enerxía na subestación de Mourela a través dun dos circuítos desta liña.

Segundo.-O citado proxecto de instalación someteuse a información pública por resolución da dirección xeral do 7-10-1997, publicándose no DOG do 5-11-1997, BOP da Coruña do 28-10-1997, BOP de Lugo do 29-10-1997, xornal La Voz de Galicia do 29-10-1997, xornal El Progreso do 29-10-1997, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muras e As Pontes de García Rodríguez e nos das delegacións provinciais da Coruña e Lugo; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación. Así mesmo, solicitáronse informes dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola instalación eléctrica, recibíndose contestacións deles indicando as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente polas delegacións provinciais da Coruña e Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación

co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, cos seus Art. 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación do parque eólico de Muras I ata o apoio nº 56 da L.A.T. Tesouro-Bustelo, da empresa Made Energías Renovables, discorrendo polos municipios de Muras e As Pontes de García Rodríguez.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7795