Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/74-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Retorna-Soutomouro.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión a 380-220 kV, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95 e 50 mm Al, de 1.840 m de lonxitude, con orixe no C.T. Soutomouro e discorrendo polos lugares Retorna, Soutomouro e Larnacido. Ortigueira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7113