Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto para o equipamento de quirófano (Plan de Necesidades de 1998). C.P. 132/1998.

O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de quirófano (Plan de Necesidades 1998).

Orzamento: 28.500.000 ptas.

Garantía provisional: 570.000 ptas.

Lote 1: lámpada de quirófano BQ4 e BQ5.

Orzamento: 4.600.000 ptas.

Garantía provisional: 92.000 ptas.

Lote 2: videogastroscopio, videocolonoscopio, videoenteroscopio e fibrobroncoscopio.

Orzamento: 18.900.000 ptas.

Garantía provisional: 378.000 ptas.

Lote 3: bisturí ultrasónico.

Orzamento: 5.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

2. Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.

3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Prestacións, calidade e mantemento: 35%.

Prazo de entrega: 15%.

Total: 100%.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposiciones: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de agosto de 1998.

Teresa Araguas Álvarez

Directora-xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

7847