Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítmo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a realización de probas analíticas de laboratorio en centros externos (contrato plurianual). C.P. 129/1998.

O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: realización de probas analíticas de laboratorio en centros externos.

Orzamento: 3.375.000 ptas.

Garantía provisional: 67.500 ptas.

Lote 1: realización de probas analíticas de laboratorio en centros externos.

Orzamento: 3.375.000 ptas.

Garantía provisional: 67.500 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

2. Prazo de entrega: a realización das probas analíticas que se contratan polo medio do presente será sucesiva e por demanda do complexo, de acordo coas regras que se establecen no anexo I: prego de prescricións técnicas adxunto.

3. Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai contar expresamente neste prego e no anuncio da licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: os criterios que se empregarán para acorda-la adxudicación e a ponderación que se dará a cada un deles, serán os seguintes:

Orde 1; criterio de adxudicación considerado: prezo ofertado polos licitadores; ponderación:50%.

Orde 2; criterio de adxudicación considerado: condicións de prestación do servicio ofertadas; ponderación: 50%.

En canto ó prezo ofertado considerarase a rebaixa final que presenten as ofertas económicas dos licitadores sobre o orzamento máximo establecido para o contrato. Respecto ás condicións de prestación do servicio valoraranse moi especialmente os distintos elementos que se detallan ó respecto no anexo I adxunto. Así mesmo, poderán ser tomadas en consideración para a resolución da adxudicación, calquera outra mellora distinta das anteriores que puideran oferta-los concursantes.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural

contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 10 de agosto de 1998.

Teresa Araguas Álvarez

Directora-xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

7833