O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: equipamento de neonatoloxía, neumoloxía, oftalmoloxía e UCIP (Plan de Necesidades 1998).
Orzamento: 24.500.000 ptas.
Garantía provisional: 490.000 ptas.
Lote 1: láser terapéutico endotraqueal.
Orzamento: 6.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 120.000 ptas.
Lote 2: monitor con batería, monitor c/capnografía, monitor 6 canles e monitor-desfibrilador portátil.
Orzamento: 9.200.000 ptas.
Garantía provisional: 184.000 ptas.
Lote 3: bomba de infusión.
Orzamento: 3.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 60.000 ptas.
Lote 4: respirador de UCI.
Orzamento: 4.500.000 ptas.
Garantía provisional: 90.000 ptas.
Lote 5: autorrefractómetro.
Orzamento: 1.800.000 ptas.
Garantía provisional: 36.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
2. Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Prestacións, calidade e mantemento: 35%.
Prazo de entrega: 15%.
Total: 100%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo,
a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 10 de agosto de 1998.
Teresa Araguas Álvarez
Directora-xerente en funcións do Complexo
Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
7846