Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do día 6 de agosto de 1998, os proxectos de saneamento do contorno residencia 3ª idade e outros e acondicionamento de terreos do polígono industrial, redactados polo enxeñeiro técnico de obras públicas Alfredo Montero Vaz expóñense ó público durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente anuncio no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso polo

procedemento aberto das obras de saneamento do contorno residencia 3ª idade e outros e acondicionamento de terreos polígono industrial, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación das devanditas obras; que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ós proxectos ou ós pregos, reanudándose o que reste a partir do día seguinte da resolución das reclamcións.

-Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto das obras de saneamento do contorno residencia 3ª idade e outros e acondicionamento de terreos do polígono industrial.

-Tipo de licitación: é de 10.000.000 e 10.000.000 de pesetas respectivamente, con IVE incluído.

-Prazo de execución: 6 meses e 6 meses repectivamente.

-Garantías: a provisional establécese en 200.000 e 200.000 pesetas respectivamente, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

-Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

-Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel que termine o prazo de presentación de proposicións; se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

-Modelo de proposicións: o recollido na corresponde cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

-Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 12 de agosto de 1998.

Alcalde-presidente

Rubricado

7813