Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía con data de hoxe o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso con procedemento aberto, trámite urxente, para a execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento na Lamosa-Picoto-Redondela, incluída no Programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais 1998 (PIEL) do Fondo de Cooperación Local, exponse ó público, por prazo de 4 días contados a partir do seguinte hábil o da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela.

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento na Lamosa-Picoto-Redondela, incluídos no PIEL 98.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.849.615 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación en información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención da documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E: obras hidráulicas. Subgrupo 1: abastecementos e saneamentos. Categoría: B.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica e financeira.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo para presentación de ofertas. De presentarse ofertas indirectas, rexerá o establecido na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 14 de agosto de 1998.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde

7812