Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN inicial do PERI do solo urbano industrial de punta Promontoiro.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 11-8-1998, aprobou inicialmente o plan especial de reforma interior do solo urbano industrial de punta Promontoiro, polo que se abre o trámite de información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal tódalas persoas que se consideren afectadas poderán formula-las alegacións ou reclamacións que consideren oportunas.

Así mesmo, o Concello Pleno acordou suspende-las licencias ás que se refire o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, na área do territorio obxecto deste plan especial de reforma interior e que aparece delimitada nos planos do documento do plan especial de reforma interior.

A suspensión de licencias extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano ou coa aprobación definitiva do presente plan especial de reforma interior.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 12 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7823