Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN inicial da modificación puntual das normas subsidiarias no contorno de punta Promontoiro.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 11-8-1998, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste concello no contorno de punta Promontoiro, polo que se abre o trámite de información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal tódalas persoas que se consideren afectadas poderán formula-las alegacións ou reclamacións que consideren oportunas.

Así mesmo, o Concello Pleno acordou suspende-las licencias ás que se refire o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, na área do territorio obxecto desta modificación puntual e que aparece delimitada nos planos do documento da modificación puntual.

A suspensión de licencias extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano ou coa aprobación definitiva da presente modificación puntual.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 12 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7803