Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidad adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: saneamento Porto Meloxo O Con.

Lugar de execución: O Grove.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.067.987 pesetas.

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, praza do Corgo 1, 36980 O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58.

Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 horas, en días laborables de luns a venres.

Documentación: a establecida na cláusula 18 do prego de condicións.

Lugar de presentación: o mesmo que figura no apartado 6.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 20 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o terceiro día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación das ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, por prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 11 de agosto de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

7814