Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a concesión dun trámite de audiencia ós ocupantes en precario de vivendas pertencentes ó grupo Primeiro de Maio de Verín, devolta polo servicio de correos (expediente 82/030).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo polo que se lles concede un prazo de dez días hábiles ós devanditos interesados para que poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións que estimen pertinentes, pois no caso contrario, procederase á revogación da concesión en precario do uso das referidas vivendas do grupo Primeiro de Maio de Verín, de acordo coa estipulación 2ª do contrato formalizado entre o adxudicatario e o IGVS, pola causa de non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Expido, asino e selo esta cédula en Ourense, o 29 de xullo de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Conta: 25.

Adxudicatario: Francisco Casado Dalama.

DNI: 34.712.517.

Vivenda: 1º esquerda do bloque V.

Data do contrato de precario: 20 de marzo de 1990.

-Conta: 31.

Adxudicataria: Esperanza Vaz Dosantos.

DNI: 34.720.143.

Vivenda: 1º esquerda do bloque VI.

Data do contrato de precario: 20 de marzo de 1990.

-Conta: 54.

Adxudicataria: María Vázquez Prieto.

DNI: 34.720.070.

Vivenda: 3º dereita do bloque IX.

Data do contrato de precario: 20 de marzo de 1990.

-Conta: 79.

Adxudicatario: José Francisco Álvarez Nieves.

DNI: 34.724.485.

Vivenda: 1º esquerda do bloque XIV.

Data do contrato de precario: 23 de marzo de 1990.

7572